Alexandra Arredondo
← Volver a proxectos

Novasilvasolidaria

Ano
2025
O meu rol
Deseño da identidade, do kit, do packaging e da web da iniciativa, como Traballo Fin de Grao.
Tipo
Proxecto académico · Identidade, packaging e web
Ferramentas
Illustrator, Photoshop, InDesign, Figma, Blender, After Effects, Premiere, Canva e Lightroom

Unha marca ficticia de xardinaría que converte os excedentes de sementes e materiais dunha empresa galega nun kit de horta infantil e nun xesto solidario: a totalidade do recadado dónase a unha causa de reforestación tras os incendios de Galicia.

Caso ficticio · Proxecto académico (TFG) · Cliente non real

Nova Silva kit solidarioHorteca
Maceta verde de cerámica cunha planta, xunto a unha tarxeta e dous discos de turba do kit
Calendario floral, folleto de Begonia semperflorens e etiqueta do kit sobre papel kraft
Caixa de envío aberta coa maceta verde no interior e a mensaxe Onde houbo lume, haberá flor
Tres macetas de cerámica con esmaltes verdes sobre un tronco cuberto de musgo, nun bosque
01

Contexto

Novasilvasolidaria nace no verán de 2025, tras os incendios forestais en Galicia, como resposta á necesidade de concienciación ambiental. Horteca, a empresa de sementes na que se basea, é unha marca ficticia creada para o proxecto: non ten tenda física e é coñecida en tendas locais, pero non polo consumidor final.

02

Reto

Crear un produto educativo e lúdico que fomente valores de sustentabilidade e reforestación, e que ademais sirva como medio de recadación solidaria. O reto de comunicación era facerse un oco nun mercado con moitas propostas ecolóxicas nas redes e competir con grandes plataformas de comercio electrónico.

03

Proceso

Investigación. Análise de iniciativas similares (kits de horta, xoguetes educativos, packaging sustentable), tendencias de deseño orientado a público mozo e estratexias de comunicación de causas solidarias. Moodboards de cor, tipografía e ilustración, e revisión de materiais sustentables como o cartón reciclado e as macetas biodegradables.

Concepto. A narrativa xira en torno a «plantar esperanza», un xesto pequeno cun impacto positivo nos bosques de Galicia. A linguaxe visual combina formas simples e xeométricas con caras sorrintes en elementos naturais.

Decisións e descartes. Novasilvasolidaria non se plantexa como un xoguete, senón como un xesto solidario consciente, con valor decorativo, artístico e artesán.

Materialización. Estudo de formatos de caixa de cartón, deseño da maceta en 3D con Blender e probas de acabado.

Portátil co mapa de incendios e reforestación de Ourense
04

Solución

O kit inclúe:

  • Caixa ilustrada en cartón reciclado.
  • Maceta de cerámica, máis acorde coa filosofía da marca.
  • Sementes seleccionadas de plantas autóctonas.
  • Tríptico con instrucións, curiosidades e espazo para rexistrar avances, calendario da planta, adhesivos e un mini difusor de auga reutilizable.

Ademais, desenvolvín a identidade de marca, o logotipo, a paleta, a sesión de fotografía do kit e unha landing page en Figma con sección de compra e integración coas redes sociais.

Patrón floral

Patrón floral en branco e gris sobre fondo negro, da lapela lateral da caixa
Lapela lateral. Patrón floral.
Patrón floral con flores brancas, grises e negras sobre fondo negro
Flores brancas e grises sobre negro.
Patrón de flores en semitono cun trazo verde sinuoso sobre fondo negro
Versión en semitono con trazo verde.
05

Obxectivos do plan

Obxectivos ficticios fixados no TFG para dimensionar a estratexia: 200 vendas mensuais nos primeiros seis meses, 2.000 visitas mensuais á web e 200 clientes únicos no primeiro ano. Non son resultados medidos.

06

Conclusión

Novasilvasolidaria foi un proxecto que me permitiu saír do deseño gráfico estrito e adentrarme no deseño de produto. Deume liberdade creativa para ilustrar dentro dun marco contemporáneo, como o foron os incendios de Ourense.