alexingraphics
← Volver a proxectos

Eva Penado The Studio

Ano
2026
O meu rol
Identidade visual e web corporativa: deseño en Figma e maquetación en WordPress, con HTML e CSS
Tipo
Identidade visual · Web · Materiais
Ferramentas
Figma, WordPress, HTML, CSS

Identidade e web para un estudo de arquitectura e interiorismo residencial en Pontevedra, desde os bosquexos en Figma ata unha web publicada en WordPress.

Web do estudo Eva Penado The Studio
01

Problema

A marca do estudo xa non encaixaba coa forma de deseñar da súa directora. O encargo era renovala para atraer un público novo, tamén fóra de Galicia, sen perder a sofisticación que o estudo xa tiña.

02

Diagnóstico

Aprendín a pensar como arquitectos e interioristas: as liñas rectas, a luz e o material. E a ser directa co cliente sobre o que vende, sen perder a sofisticación da marca.

03

Decisións

Un sistema de marca neutro, con capacidade de transformación e de creación de submarcas. Deseñar a web en Figma e maquetala en WordPress, levando a HTML e CSS o que o tema non permitía. Adaptar a tarifa de Interiorismo de Autor a un email que se le ben no móbil.

04

Solución

Web do estudo (espacioevapenado.com) con navegación por proxectos, The Studio, Interiorismo de autor, Consultoría, Quen está detrás e contacto. A mesma marca aplícase ao folleto-tarifa, á lona exterior e ao email de tarifas.